Ir a la página principal
Directorio de Empresas de Empleo

CANDIDATOS
 Insertar currículum
Menú privado
Buscador de ofertas
Empresas colaboradoras
Formación
Noticias
EMPRESAS
Alta de empresa Gratis!
Menú privado
Servicios y Tarifas
Servicios a empresas
Noticias
RECURSOS
¿Quienes somos?
Consejos laborales
Tests psicotécnicos !!
Preguntas frecuentes
Recomiéndanos
Contacto
Agenda Cultural
 Guía del opositor. 

 


              Para poder acceder ó emprego público existen unha serie de requisitos xerais:


·        Posuir a nacionalidade española ou ser nacioal dalgún dos Estados membros da Unión Europea, así como aqueles cos que exista un Tratado Internacioal que contemple esta posibilidade. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar non estar baixo sanción disciplinaria ou condea penal que impida, no Estado cuia nacionalidade teñan, o acceso á función pública


·        Ter a idade establecida nas bases da convocatoria. Pra os postos de funcionario esixese a maioría de idade ou ter máis de 16 anos no caso de persoal laboral


·        Posuir o título establecido para cada convocatoria ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. As titulacións obtidas no extranxeiro deben aportar a documentación que acredite a súa homologación


·        Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións


·        Non ter sido separado do servizo de calquera das Administracións Públicas mediante expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado para o desempeño de funcións públicas


Para acceder ó emprego público é preciso dispoñer da titulación requerida no perfil da praza á que se oposita ou estar en condicións de obtela na data na que remate o prazo de presentación de instancias:




























GRUPO


TITULACIÓN ESIXIDA


CUERPO


A


Título de doutor, licenciado, enxeñieiro, arquitecto ou equivalente


Técnico superior


B


Titulo de diplomado, enxeñeiro técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente


Técnico de xestión


C


Título de Bacharelato, Formación profesional de segundo grao ou equivalente


Administrativo


D


Título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente


Auxiliar administrativo


E


Certificado de escolaridad


Subalterno


 


            O persoal que presta seus servizos na Administración Pública é, en función do posto de traballo:



  • Persoal funcionario: é aquel que presta seus servizos suxeito a normas do Dereito Administrativo que delimitan súas obrigas

    • Persoal funcionario de carreira: que desempeña seus servizos con carácter permanente, unha vez superadas as probas selectivas e tra-lo correspondente nomeamento
    • Persoal funcionario interino: ocupa prazas de plantilla que se atopan vacantes, por razóns de urxencia ou necesidade, en tanto non poidan proveerse por funcionarios de carreira

  • Persoal eventual: é aquel que desempeña postos expresamente calificados polas suas funcións de confianza ou asesoramiento especial. Seu nomeamento e cese é libre, producíndose automáticamente este último cando cese a autoridade á que preste a súa función asesora e de confianza
  • Persoal laboral: é aquel que presta seus servizos suxeito a normas do Dereito Laboral, vinculado coa Administración a través dun contrato de traballo. Polo xeral, son ocupados por persoal laboral os postos de natureza non permanente, de carácter instrumental e aquelas cuias actividades son propias de oficios ou requiren coñecementos técnicos especializados.

    • Persoal laboral permanente: con contrato de traballo indefinido
    • Persoal laboral temporal: con contrato de traballo de duración determinada

  • Persoal estatutario: é aquel que presta seus servizos nos centros e institucións sanitarias

    • Persoal estatutario fixo: desempeña seus servizos con carácter permanente, tra-la superación do proceso selectivo e seu nomeamento correspondente
    • Persoal estatutario temporal: nomeado por razóns de necesidade, de urxencia ou para o desenvolvemento de programas de carácter temporal, coiuntural ou extraordinario

O persoal da Administración debe ser seleccioado mediante procedimientos que garantan o acceso en condicións de igualdade, mérito e capacidade. Os procedimientos máis habituais son:





      • Oposición: consiste na realización dunha ou máis probas para determinar a capacidade e aptitude dos aspirantes e fixa-la súa orde en función da puntuación obtida. É o procedemento máis empregado nos procesos de selección dos funcionarios de carreira.
      • Concurso: ten por obxecto evalua-los méritos dos aspirantes ó posto segundo a baremación establecida fixando, igualmente, seu orde de puntuación. Este procedimiento emprégase na selección do persoal laboral temporal e cando as bolsas de emprego están vacías
      • Concurso-oposición: é un sistema mixto que combina as dúas anteriores. Os funcioarios laborais son seleccioados mediante este procedimiento.

Por outra banda, os interinos son seleccioados da bolsa de traballo creada coa xente que superou a proba na convocatoria anterior pero non acadou a praza.


O proceso de selección comeza coa publicación no Boletín Oficial correspondente da oferta de emprego público de cada Administración, onde se detallan o número e tipoloxía das prazas que se precisan cubrir e serán convocadas no futuro.


Posteriormente, unha vez existe presuposto asignado para ello, publicase a convocatoria do sistema de selección coa inclusión das bases que o rexirán: número e características das prazas, requisitos dos aspirantes, probas e programas de materias sobre as que versará, méritos evaluables e sistema de baremación, composición do tribunal calificador, etc.


O prazo para a admisión de solicitudes pode ou non publicarse na mesma resolución que as bases. Como norma habitual adoita publicarse conxuntamente nos procesos que convocan a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas, nos seus respectivos Boletins Oficiais. No caso da Administración Local xeralmente publicanse as bases no Boletín Provincial e/ou no Boletín das Comunidades Autónomas e un extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado que é o que abre o prazo de solicitude fixando o periodo para a entrega de solicitudes.


Ó longo do proceso selectivo tamén se lle da publicidade ó nomeamento do tribunal que xulgará as probas, á relación de aspirantes admitidos ou rexeitados,  lugares e días de celebración dos exámenes, resultados das probas ou  calquer outro aspecto que, afectando ó proceso, requira do coñecemento dos interesados.


Os Tribunais o Comisións de selección en ningún caso poderán declarar que superaron o proceso selectivo un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas.


Normalmente as convocatorias non especifican a data de finalización do prazo de xeito determinado, senón que se limitan a establecer prazos contados en días ou meses. O cómputo do prazo realízase de acordo co que dispoñen os artígos do 47 al 50 da Ley 30/1992 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. A tal efecto convén ter en conta algunhas recomendacións básicas:


·        O prazo comeza a contar a partires do día seguinte á publicación da convocatoria


·        Cando os prazos se sinalan por días entendese que éstos son hábiles (con exclusión de domingos e festivos) salvo que expresamente se faga constar que son naturais


·        No caso de que o último día sea inhábil o prazo prorrógase ata o seguinte día hábil


·        En todo caso resulta moi convinte consulta-la data exacta na que vence o prazo ante os servizos de información da Administración convocante


As prazas de emprego público convocadas poden ser para traballar na Administración Xeneral do Estado (segundo a Constitución), na Administración Autonómica (segundo os Estatutos de Autonomía), na Administración Local (Concello), na Administración Institucional ou na Unión Europea.


Agora que xa sabemos qué é unha oposición e os pasos que debemos seguir pra chegar a ela imos ver uns pequenos consellos para opositores:


·        Constancia: debemos establecer e cumplir un riguroso plano de estudo, é tan importante adicarlle horas como axustar as técnicas de estudo para optimiza-loo rendemento


·        Debemos dotarnos dun bó material de estudo e de probas prácticas similares ós exámes a realizar. Podes facer i o teu propio material ou comprar un feito, pero asegurándote de que sexa de calidade


·        Organización, é imprescindible á hora de estudar. Ter momentos de descanso axudarános a optimiza-lo rendemento, pra elo hai que se fixar unhas pautas horarias e cumpli-las disciplinadamente.


·        Buscar un lugar axeitado, luminoso, cómodo e agradable onde pasar moitas horas de estudo


O sistema de preparación depende de cada persoa, algúns prefiren prepara-las oposicións por libre unha vez conseguiron o material e autoadministrándose probas similares ás do examen un tempo determinado. Outra opción é acudir a unha academia, moito máis caro pero efectivo pra aquelas persoas que precisan que lles marquen un ritmo de estudo e, a ultima opción, é acudir a un preparador persoal onde o trato é individualizado.


 

« Volver
 
2010 IberEmpleo.net    |   Aviso Legal   |   Privacidad |   Mapa   |   Contacto   |