| A Fundación Galicia Emigración nace no 2002, froito dun compromiso entre o Goberno de Galicia e un nutrido grupo das maiores empresas da nosa comunidade. A constitución da Fundación non fai senón reflectir o enorme caudal de sensibilidade que o fenómeno da emigración suscita no conxunto da sociedade galega. Non en van, Galicia é un dos territorios europeos que ao longo da historia reciente ten experimentado un maior impacto en canto a saídas de poboación.
Até o de agora, os galegos residentes no exterior teñen contribuido decisivamente ao desenvolvemento social e económico da nosa terra. Nos últimos anos, sen embargo, Galicia ten acadado uns niveis consolidados de prosperidade e benestar que a están a transformar en sociedade de acollida para emigrantes retornados e inmigrantes. Atender debidamente ás súas necesidades é un imperativo cívico e moral para todos nós, non só para actuar en xusta reciprocidade, senón como xeito de respectar a nosa propia memoria histórica como pobo. casino personal installment loans for bad creditget loan online payday
Ver los cursos de Fundación Galicia Emigración |